O BNG extrae as súas conclusións despois das eleccións muncipais

Iván Rivas na noite electoral | Adán Puentes

Do resultado das ultimas eleccions municipais, o BNG de Ferrol «extrae cando menos tres conclusións ou ideas«. A primeira é «que pese á tan comentada disgregación e atomización da política ferrolá, supostamente sumida no caos, a realidade difire moito das análises que de maneira reiterada se teñen feito nas semanas e meses previos á cita electoral e Ferrol contará na próxima corporación municipal co panorama político máis simplificado das últimas décadas«.

A segunda ten que ver co feito de que neste contexto, o BNG de Ferrol «afianzou un proxecto político que, compartido ou non, é único e claramente diferenciado do resto de opcións que estarán presentes na próxima corporación municipal e que, pese as dificultades, é preciso que nos próximos anos avance de maneira substancial».

A terceira idea ten que ver coa distribución de concelleiros e concelleiras na próxima corporación. «Neste senso é evidente que debe ser o PSOE o que estableza primeiro cales son as liñas estratéxicas para o futuro político desta cidade respecto de temas que son transcendentais desde todos os puntos de vista, económicos, urbanos e sociais. E, tendo definido os trazos do que debe ser o futuro da cidade, constrúa o vindeiro goberno local do mellor xeito posible para adaptalo e levar adiante os obxectivos marcados, tendo en conta as liñas estratéxicas definidas«.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …