Ferreiro avanza que ofrecerán á administración competente terreos para a construción dunha residencia pública, en San Xiao

A parroquia de San Xiao acolleueste xoves, ás 21.00 horas, un novo acto electoral de Terra Galega. A candidata á alcaldía, Marián Ferreiro, pechou os actos nas parroquias e barrios de Narón na mesma onde se criou e reside na actualidade e estivo acompañada por Olga Ameneiro, integrante da lista para as vindeiras eleccións municipais, e por numerosos veciños e veciñas de San Xiao.

Olga Ameneiro iniciou a súa intervención recoñecendo que “o traballo realizado por Terra Galega nesta cidade e o seu sólido proxecto de futuro para que continúe avanzando son o mellor aval deste partido”.

Unha das propostas prioritarias do programa de Terra Galega a levar a cabo no vindeiro mandato é a construción dunha residencia pública para persoas maiores. “Unha das opcións que estamos barallando é que esa residencia se constrúa precisamente nesta parroquia de San Xiao, donde dispoñemos dos terrenos necesarios para poder poñelos a disposición da administración competente na materia e convertir canto antes ese proxecto nunha realidade”. “A maiores dos terreos, dende o equipo de Terra Galega estamos dispostos a colaborar economicamente neste proxecto, ao igual que fixemos co novo centro de saúde, para o que aportamos máis de dous millós de euros, cedemos terreos, habilitaremos un estacionamento e urbanizaremos o entorno”, asegurou.

Esta parroquia foi obxecto nos últimos anos de traballos de reforzo da rodadura en varios camiños e tamén de implantación da rede de saneamento e eficiencia enerxética implantando tecnoloxía led, da reparación da cuberta e dos aseos do local social… “Esta mesma liña de aposta polo rural, por manter uns servizos e instalacións de calidade, é a que seguiremos nos vindeiros catro anos, conscientes tamén da necesidade de acabar coa fenda dixital”, asegurou a candidata de á alcaldía por Terra Galega.

Na área cultural “seguiremos apostando por descentralizar actividades do Padroado da Cultura, como Prazas Vivas, Cine de Verán, concertos, teatro… e outras propostas de interese para as veciñas e veciños, así como impartindo obradoiros de Teatro e tamén seguiremos ofertando cursos vencellados á área de Novas Tecnoloxías e destinados a persoas de diferentes idades dende este local social”, avanzou Ferreiro.
Nos vindeiros meses haberá tamén melloras en servizos como o de recollida de lixo e limipeza viaria, trala adxudicación do novo contrato –en proceso de tramitación- co que se renovarán contenedores, se instalarán máis alí donde sexa necesario e se desbrozarán con maior asiduidade as inmediacións das vías da zona rural, tal e como se recolle no prego aprobado no Concello.

Ferreiro recordou á veciñanza de San Xiao os catro eixos que vertebran o programa de Terra Galega para o período 2019-2023, que son: Unha cidade máis humana; Narón para as persoas; Dinamización económica e turística e Vive o Deporte e a Cultura.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …