Na mañá deste mércores membros do BNG de Narón mantivo unha reunión coa CIG para presentarlle as propostas en emprego e formación cos que mantiveron sintonía total e, ás 12:30, mantiveron un encontro aberto na Praza de Galiza no Alto coas entidades deportivas de Narón coas que coincidiron como primeira medida a creación dun posto de traballo para un técnico deportivo e a creación dunha asemblea de entidades desde o Concello para poñer en valor todas as ideas e necesidades do sector.
«Non só hai que fomentar o deporte de base e de elite se non crear unha cidade onde sexa posible para calqueira idade e condición. O deporte é transversal e multidisciplinar e forma parte do benestar» indicou Olaia Ledo, candidata á alcaldía.
Contaron nesta ocasión con Manuel Polo, técnico de deportes en Mugardo e concelleiro nesa área en Narón hai 20 anos «a impotancia de promover o deporte só se fai coas ideas claras como as que ten Olaia Ledo e a súa equipa. Narón ten que mellorar moito na xesión deportiva e necesítase mellora de instalacións e das ideas» isinalou Polo.
Desde o BNG tamén anunciaron medidas arredor do turismo deportivo coa creación dunha residencia para deportistas e mellora das instalacións para as competicións «Crearíase así dinámicas positivas non só a promoción dos deportes e a posta en valor para todas as naronesas e naroneses se non tamén a creación de turismo de calidade e sostible» apuntou Olaia Ledo.