O Concello de Narón pon en servizo a terceira pista multideporte construída na zona do paseo marítimo de Xuvia

O Concello de Narón puxo na tarde deste mércores en servizo a terceira pista multideporte construída na cidade e ubicada no paseo marítimo de Xuvia, nas inmediacións do parque infantil. Foi precisamente un equipo local, o Narón Volea, o que estreou as instalacións , ás 18.00 horas, cun adestramento nesta nova área deportiva.

As veciñas e veciños de Narón disponen dende desde este mércores dun novo espazo donde practicar ata oito modalidades deportivas, entre elas e a maiores do voleibol, o tenis, o fútbol, baloncesto… ao estar dotada de tódolos elementos necesarios, como rede central, porterías, canastras…

A pista ten unhas dimensións de 20×10 metros, idénticas ás que se construíron nos últimos meses na Gándara e no Alto, tamén operativas. Con estes novos equipamentos a cidadanía dispón en Xuvia dunha maior oferta de elementos deportivos, aos que se suman un circuíto vita e un parque biosaudable, tamén na zona do paseo marítimo, cunha ampla oferta tamén de lecer e xogo para nenos e nenas.
O Concello destinou unha partida de 40.000 euros para construír as tres pistas multideporte da cidade, completando así en tres barrios o número de instalacións deportivas, neste caso para a práctica do deporte ao aire libre e abertas á cidadanía en xeral.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …