A Escola Javi Gómez Noya, subcampioa de España en tríatlon contra o reloxo por equipos masculinos

O equipo masculino do Triatlón Ferrol no podio | Triatlón Ferrol

Os canteiráns da Escola Javi Gómez Noya colgáronse a medalla de prata no campionato de España de tríatlon contra o reloxo.

O equipo masculino da canteira ferrolá traballou á perfección na natación e no ciclismo. Na carreira a pé, espreméronse a fondo para cruzar a meta cun tempo de 24:12, marcado polo cuarto triatleta na entrada á meta: Jorge Morado, Alejandro Rodríguez, David Campos e François Vie, con Hugo Prida a sete segundos dos seus compañeiros.

Pola súa banda, o equipo feminino da base do Triatlón Ferrol colouse no top- 10 do campionato ao ser sétimas cun esforzo ata ao límite de Sabela Caneiro, que acabou correndo con flato, pero axudada polas súas compañeiras en meta Carmen Jiménez, Lucía Piñón e María Filgueiras.

En Primeira División, a cadete Alba Méndez debutou con mala sorte ao sufrir unha caída á saída da primeira transición. Tras agardar brevemente por ela na bici, o equipo que completan Pauline Vie, Pepa García e María Fernández Lores foi trixésimo.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …