O BNG presentou a súa candidatura de cara as eleccións municipais

Iván Rivas na presentación da campaña | BNG

O BNG de Ferrol presentou hoxe a súa canditatura de cara aos comicios municipais que terán lugar o vindeiro 26 de maio. No acto, que tivo lugar no auditorio de Afundación ás 20:00 horas, interviron nove das persoas que compoñen a lista do BNG, como Xoán López Pérez, María Rivera Filgueiras ou Xan Carlos López.

Tamén tomou a palabra o candidato á alcaldía, Iván Rivas, que incidiu durante o seu discurso nas declaracións realizadas nos últimos días polo resto de grupos políticos que loitan pola alcaldía da cidade. O nacionalista fixo refencia, por exemplo, ás verbas do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. “A gran preocupación do presidente da Xunta é que Ferrol lle retirase o título de fillo adoptivo a un ministro franquista, e nos acusa de revanchismo. Pode ir a explicarlle o que significa revanchismo a todas as vítimas da ditadura”, afirmou.

Un PP que provocou xunto a FeC «a maior desbandada de poboación da cidade nos últimos anos, 1.000 habitantes ao ano. E agora, despois de negarse a poñer coto á especulación (xunto ao PSOE e FeC), con propostas coma o aparcadoiro na praza de Armas para entregarllo a unha transnacional, fala de Ferrol como “ciudad de compras”«. “Porque non lles chegou con denunciar ao BNG polas bandeirolas que colocan os nosos e nosas militantes (non empresas contratadas por un partido financiado con caixas B) que decidiron arrincalas eles”, apuntou Rivas.

O nacionalista fixo fincapé ademais nas constantes referencias do candidato socialista, Ángel Mato, ao consenso. “Pretende combater ao leviatán sen escrúpulos do PP con consenso. Por que será? (…) Non se entende falar de diálogo cando se pretende impoñer un convenio como o de Defensa que unicamente ten afán especulativo”, afirmou Rivas en relación á pretensión de construir 460 vivendas novas e un centro comercial no Sánchez Aguilera.

O voceiro do BNG de Ferrol afeou ademais a actitude de FeC esixindo a recuperación do edificio da vella Autoridade Portuaria. “Podía comezar por cobrarlle os impostos e taxas municipais que pagamos os demais. 0,7 M de euros ao ano que non pagan porque ninguén llo reclama; ou comezar tamén pola taxa de saneamento que aprobou co PP para rescatar EMAFESA”, indicou.

Rivas tivo verbas ademais de agradecemento ás persoas que o acompañan na lista coa que loitará pola alcaldía da cidade. “Estou rodeado de homes e mulleres libres, que deciden, que toman partido (…) eles son a vosa voz, a voz dos esquecidos”, indicou, interpelando aos presentes a que decidan que prefiren a partir do próximo 26 de maio. “Vivir nunha cidade chea de etiquetas. Onde nos din marque vostede a casilla, branco ou negro, vermello ou azul, dereitas ou esquerdas, un mundo ficticio creado na procura do escravo; ou vivir nunha cidade de persoas libres. Porque liberdade é dicir que non me da a gana de aceptar esta situación, porque sei que outra realidade é posible”, sentenciou.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …