O Triatlón Ferrol tomará parte este domingo no campionato galego de tríatlon contra o reloxo por equipos cun cuarteto de canteiráns con opcións de repetir o top-5 de 2018.
Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa e Juan Rejas defenderán as cores ferrolás na cita absoluta.
Nas probas escolares, aínda que dous equipos están en Águilas no campionato de España, participará outro conxunto da Escola Javi Gómez Noya en Vilagarcía, formado por Rubén Morado, Uxío Valiño, Bruno Castro, Diego Carballeira, Hugo Goiriz e Daniel Portomeñe.
Na proba open ou aberta para máis equipos de adultos, competirán Juanchi González, Borja Catrufo, Luis Rilo, Gonzalo Jiménez, Luis Gómez e Chespi Pena.