O Triatlón Ferrol inicia a Liga de Primeira División coa Copa da Raíña e o campionato de España de relevos

Equipo feminino do Triatlón Ferrol que participará na Copa da Raíña | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol disputará esta fin de semana as dúas primeiras xornadas de liga en Primeira División.

A internacional portuguesa Pauline Vie liderará un equipo que completan as veteranas Pepa García e María Fernández Lores e a cadete Alba Méndez. “A baixa de última hora de Morgan Branchoux obrigounos a tomar unha decisión difícil e optamos por manter á canteirá Carmen Jiménez para manter un potente conxunto escolar”, explica Jaime Ruiz, técnico do Triatlón Ferrrol, ao marcar como prioridade a longo prazo a base da Escola Javi Gómez Noya.

Nas competicións escolares, a mencionada Carmen Jiménez estará acompañada no equipo por María Filgueiras, Lucía Santalla, Sabela Caneiro, Lucía Piñón e Ainara Pita, mentres que a escuadra masculina estará formada por Alejandro Rodríguez, Jorge Morado, David Campos, Álvaro Ordiales, Hugo Prida e François Vie.

A Copa da Raíña celebrarase este sábado en formato contra o reloxo por equipos e o campionato de España de tríatlon por relevos terá lugar este domingo con equipo de tres triatletas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …