Marea de Ferrol presentou a súa candidatura as municipais

Este venres, día 3, Marea de Ferrol presentou na súa sede electoral, sita na Rúa Dolores 20, a súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

«A candidatura encabezada por Bernardo Lorenzo Cuétara e Lucía Vizoso Amado, está conformada por persoas cunha ampla experiencia tanto no plano social como no político, contando cunha pluralidade de procedencias e compromisos con diversas plataformas: sanidade, saneamento, cultura, feminismo… Representamos unha diversidade de procedencias sociais e sectores de actividade, e destacamos a integración na lista de persoas con ampla experiencia en xestión, tanto no ámbito público como no privado.

En definitiva, conformamos unha candidatura veciñal, xestada desde as bases, que recolle a pluralidade da sociedade ferrolá, un espazo inclusivo fóra das lóxicas partidarias ou a da coalición de partidos» sinalan desde Marea de Ferrol..

Deste xeito, completan a candidatura, entre outras, Ismael González, Bárbara Primo, Nicasio Malde, María Isasi Varela, Mercedes Lomba, Sara Manso, Rocío Arias, Manolo Pazo, Miguel Reimúndez, Xosé María Fontao ou Marité Riveira.

HOMENAXE A MEL SANXOÁN

No transcurso do acto de presentación, realizouse unha lembranza e sentida homenaxe ao  finado compañeiro Mel Sanxoán, membro fundador deste proxecto político e grande defensor da participación cidadá, no cabodano do seu pasamento. Coa presenza da súa muller e fillos, Marea de Ferrol inaugurou a sala principal do seu local co seu nome.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …