III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene esta fin de semana no pavillón de San Valentín

Instante da competición do ano pasado – Concello de Fene

O pavillón municipal de San Valentín albergará esta fin de semana o III Torneo de Ximnasia Artística «Concello de Fene». O sábado 4 terá lugar o torneo na categoría base e vía olímpica, entre as 9,15 e as 13,30 horas e de 15,30 a 19,30 horas, coa participación de 161 deportistas. Así mesmo, o domingo 5 celebrarase a categoría escolar, de 9 a 13 horas e 124 participantes.

As ximnastas competirán nas modalidades de salto, barra, asimétricas e chan. Así mesmo, teñen confirmada a súa asistencia deportistas dos seguintes clubes: Club Ximnasia Tempo (A Coruña), Club Universidade da Coruña (UDC), Club Ximnasia Coruña, Club Bayo Sil (Ponferrada-León), Club RGC Covadonga (Gijón) e Club Ximnasia Ferrolterra (Fene).

A cita está organizada polo Concello de Fene, Club Ximnasia Ferrolterra, Federación Galega de Ximnasia, Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación da Coruña. E, na mesma, colaboran Espacio móvil, Jomer, Muebles Rivas, A tenda agasallos, Loly Calvo e Imprenta Sanesteban, Berline Boutique, Lualé 114, Un pedacito de mí, El baúl de Bego, Mas sport, Yovi peluquería de mascotas, González fotografía y vídeo, Salón de peluquería y estética Meraki y Agropesca Fene.

Lea también

Pablo López quinto en la Supercopa de España de Judo Sénior de Marín

Este pasado fin de semana se disputó en Marín la Supercopa de España de Judo …