O Concello transmite as condolencias á familia do edil Octavio Alejandro Dopico Pérez e declara dous días de loito oficial

A corporación local de Narón reuniuse na mañá deste martes ás 11.15 horas, nun pleno extraordinario no que transmitiu as súas condolencias á familia do edil Octavio Alejandro Dopico Pérez, que faleceu o pasado domingo e foi enterrado n desde mesmo martes a tarde no cemiterio municipal de Catabois.

Así mesmo, acordouse declarar este martes e o mércoes  xornadas de loito oficial, suspendendo todos os actos oficiais previstos polo Concello e ondeando a media asta as bandeiras de tódolos edificios municipais.

A portavoz do grupo municipal do PSOE, Catalina García, agradeceu no seu nome e no da familia de Dopico as mostras de agarimo recibidas nas últimas horas. “Amable, sempre correcto no trato, e que me ensinou a non perder nin un minuto no que non é importante e tamén que o tempo pon a cadaquén no seu sitio sen necesidade de malgastar enerxías que precisamos para desenvolver o noso traballo”. “Só podo decir grazas con maiúsculas, grazas a toda a corporación de Narón, a todo o persoal deste Concello e a todas aquelas persoas que están a amosar o seu respecto e recoñecemento hacia esta gran persoa, compañeiro e, sobre todo, amigo con maiúsculas, Octavio Alejandro Dopico Pérez”, do que García, amiga e compañeira de filas socialistas se despediu cun “ata sempre”.

A continuación tomou a palabra a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que amosou tamén o seu recoñecemento a Octavio, “pola excelente persoa que era e o seu bo facer no grupo de goberno”. A rexedora local asegurou que, “como ben dicía Catalina era unha persoa coa que sempre se podía chegar a acordos e coa que sempre intentábamos, por dicilo así, deixar a un lado as nosas siglas en beneficio do pobo de Narón”.

Ferreiro recalcou o seu “recoñecemento pola súa labor realizada durante estes catro anos no Concello de Narón, donde presidiu as concellerías de Medio Ambiente e Sanidade, e polo boa persoa que era e o trato directo que puidemos ter con el, unha persoa amable e educada”, para rematar a súa intervención transmitindo “as nosas condolencias tamén á súa familia, amigos e á súa familia do grupo socialista”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …