Os homes do Triatlón Ferrol certifican a permanencia na Liga de Segunda División de dúatlon

O Triatlón Ferrol en Punta Umbría | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol pechou esta fin de semana en Soria a súa participación na Liga Nacional de Dúatlon en Segunda División certificando a permanencia.

Nas xornadas de relevos mixtos, contra o reloxo por equipos e relevos o club ferrolán fixo un papel sobresaínte e iso permitiulle acudir a Soria sen apuros.

Deste xeito, Iván Puentes só sentiu a presión de competir por primeira vez na categoría elite e iso non o deixo render como é en el habitual, cruzando a meta no posto 72º do campionato de España de dúatlon.

Nas probas de base, o Triatlón Ferrol quedou a sete segundos do podio en cadete, ao ser cuartos de España e mellor club galego. Individualmente, a cadete Carmen Jiménez situouse na 16ª praza, os cadetes Alejandro Rodríguez e David Campos remataron case xuntos nos postos 26º e 28º respectivamente e Juan Rejas conseguiu ser 33º en junior.

Campioa de España en grupos de idade

A vixente medalla de bronce no campionato galego de dúatlon, Tere Barreira, empregouse a fondo este domingo para proclamarse campioa de España de dúatlon de distancia curta –o dobre que a esprinte- de 40 a 44 anos.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …