(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala impúxose este sábado por 2-1 ao Universidade de Valladolid nun partido moi sufrido.
No primeiro período adiantaronse os locais nunha xogada na que Héctor lle sirve o balón a Jacobo que marca sen porteiro, aínda que con varios defensas enriba (13´), pero pouco despois empataban os visitantes nunha xogada na que Sanz marcaba de tiro cruzado raso (14´).
Complicasouse moito O Esteo no inicio do segundo período pois foi expulsado Bruno por dobre cartón e aos tres minutos xa tiñan catro faltas. Pero aguantaron e incluso tiveron boas opcións para adiantarse, se ben tamén as tiveron os casteláns leoneses, desbaratadas por un inspirado Javichu, sobre todo nos dous minutos en inferioridade.
Foi preto do final, cando Cokito enganchou un forte disparo que se colou polo escuadro (37´), e puido ampliar a ventaxa o cadro de Óscar Vigo nun xogadón de Pana que acaba co balón no pau, e sen porteiro os visitantes Rober Paz despexa dende área propia e tamén acaba o esférico no poste.
Aguantaron o marcador ata o final e obtivo un valioso triunfo o cadro local, que os sitúa sétimos con 41 puntos antes de visitar ao Tres Cuñados de Valdeorras, cuarto con 46.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Ayala – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Jacobo, Dani.
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Rubén, Sanz, Isaac, Muñoz, David – cinco inicial – Leal, Ofa, Raúl, Miguelín, Sancris.
GOLES: 1-0, Jacobo (13´), 1-1, Sanz (14´). 2-1, Cokito (37´).
ÁRBITROS: Otero Mira, Cardero Rodríguez, Fernández Dacosta (Ourense). Amarelas a Javichu e Rober Paz. Expulsado Bruno por dobre cartón (23´).
INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Uns 100 espectadores. Antes do comezo do encontro houbo un merecido homenaxe ao futbolista do Esteo Alex Montero, brillante medalla de bronce no Campionato de España Infantil.