A alcaldesa de Narón recibiu no salón de plenos aos escolares de centros europeos que participan no programa On your bike!

Uns oitenta escolares e docentes de colexios de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal iniciaron este luns a súa estadía na cidade como participantes do proxecto europeo On your bike!, impulsado polo Centro de Formación de Recursos (CFR) de Ferrol e no que participa o equipo de Educación Viaria de Narón e os CEIP plurilingües Virxe do Mar e Ponte de Xuvia e o CEIP da Solaina. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe a unha representación dos participantes no salón de plenos, donde lles deu a benvida á cidade e amosou a satisfacción de “poder participar xunto con todas e todos vós neste proxecto, compartindo coñecementos e experiencias sobre educación viaria”.

Ferreiro agradeceu a implicación do CFR de Ferrol, da comunidade educativa de Narón e do equipo de Educación Viaria por facer unha realidade esta iniciativa, organizada en Europa polo Consistorio de Cardiff (Gales) e no que os centros locais participan como socios, xunto co Concello de Narón. “Espéravos unha semana intensa de actividades, nas que continuaremos véndonos, e quero que a desfrutedes ao máximo e que aproveitedes tamén para coñecer a nosa cidade, donde sodes benvidos e benvidas”, asegurou a alcaldesa.

Unha vez rematada a visita ao Concello os escolares desprazáronse ata a Biblioteca municipal, donde participaron en actividades vencelladas á biblioteca virtual, e a continuación á Praza de Galicia, donde bailaron e cantaron cun grupo de monitores.

Martes,  9

Na xornada de este martes visitarán o CEIP da Solaina, donde tanto os estudantes como os docentes europeos coñecerán as instalacións educativas –nas que se iniciou o traballo de educación viaria en colexios da cidade- e asistirán a un obradoiro de chapas. Unha sesión de robótica no tapiz educativo que estrearon no centro a pasada semana e un obradoiro de reparacións básicas en bicicletas –no que colabora o clube ciclista local Clásicos BikeWorks- completarán a programación de mañá.

Ao longo da semana seguirán as visitas aos centros educativos que participan no programa, os CEIP plurilingües Ponte de Xuvia e Virxe do Mar.

“O alumnado de Narón que participa neste programa ten unha excelente oportunidade para dar a coñecer o seu traballo e tamén tomar boa nota do que realizan noutros centros europeos”, asegurou Ferreiro, que destacou a implicación dos colexios da cidade e das familias de Narón con cantas iniciativas se impulsan desde o Concello en materia de educación Viaria.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …