O Esteo cae ante o Ventorrillo nos derradeiros minutos

Cokito ante o Sala Ourense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado na Coruña na súa visita ao Ventorrillo por 5-2 nun encontro máis disputado do que indica o marcador e que se acabou decantando nos derradeiros minutos.

A primeira metade rematou sen goles, e na segunda adiantábanse os locais, empataba Jacobo de penalti, voltaban a poñerse por diante os herculinos e voltaba a igualar Pana.

Pero foi nos últimos minutos, que Aitor e o ex pontés Aitor Cruz poñían o 4-2, e xa con porteiro xogador chegaba o 5-2 no derradeiro minuto, anotado polo tamén ex xogador do Esteo Martín.

Os de Óscar Vigo son sétimos con 38 puntos, e na vindeira xornada reciben ó Univesidad de Valladolid, noveno con 36.

VENTORRILLO FS: Buxi, Anxo, Martín, Aitor, Matos – cinco inicial – Buxia, Juan Cruz, Berto, Andresín, Jonnhy.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Rober, Jacobo – cinco inicial – Héctor, Pana, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

GOLES: 1-0, Buxia (24´), 1-1, Jacobo (25´). 2-1, Matos (28´), 2-2, Pana (30´), 3-2, Aitor (33´), 4-2, Juan Cruz (35´), 5-2, Martín (39´).

ÁRBITROS: Carrera Menéndez, Díaz Arias, Casiano Fernández (Asturias). Amarela a Jonhy

INCIDENCIAS: Pavillón de Ventorrillo. Uns 150 espectadores.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …