Asombrosa vitoria de Iván Puentes para proclamarse campión galego de dúatlon

Tere Barreira e Iván Puentes coas súas medallas | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol protagonizou o campionato galego de dúatlon ao contar co campión, Iván Puentes, a medallista de
bronce, Tere Barreira, e ao ser o equipo feminino subcampión galego.

Na categoría masculina, Iván Puentes foi o primeiro sorprendido polo seu rendemento despois dunha primeira carreira a pé na que regulou en cabeza, meteuse nun trío destacado e traballou en bici para meterlles máis segundos de vantaxe aos perseguidores. Ao rematar o ciclismo, o canteirán da Escola Javi Gómez Noya realizou a transición máis rápida e correu sen mirar atrás para celebrar na meta co equipo ferrolán que era o novo campión galego da disciplina.

O sub-23 Puentes logrou igualmente o campionato na súa categoría de idade e Juan Rejas foi subcampión galego junior.

Pola súa banda, Tere Barreira foi unha das mulleres que marcou un mellor parcial ciclista e iso, sumado á súa regularidade a pé, valeulle para cruzar a meta en terceira posición, a menos de 15 segundos da internacional Edymar Brea. Por categorías, Alba Méndez gañou en cadete –aínda que nesta xornada non se decidía o campionato galego nesta idade-, Barreira conseguiu o campionato en veteranas 1 e Fátima Paz levou a medalla de ouro en veteranas 2. As tres duatletas, cos seus tempos, foron o segundo mellor club do campionato galego.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …