A Escola Javi Gómez Noya será das máis numerosas na final galega de Nada e Corre

Instante da competición nun Nada e Corre | Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya contará con 17 compoñentes na final galega da modalidade de promoción ‘Nada e Corre’, que se celebra este domingo en Riveira.

A base do club ferrolán competirá nunha disciplina que se disputa primeira en piscina e, a continuación, na pista de atletismo ou estrada.

A canteira do Triatlón Ferrol presentará un prebenxamín, un benxamín, seis alevíns, cinco infantís e tres cadetes.

Lea también

Semana ABANCA: Fernández Vasco oro en la Copa España Finn y victoria de Mario Coronado en optimist

Miguel Fernández Vasco del Real Club Náutico de La Coruña, logró defender con gran solvencia …