Terra Galega mantivo un encontro no local social «Virxe do Mar»

As xuntanzas veciñais “Xuntos/as decidimos! Somos barrios e parroquias” impulsadas polo equipo de Terra Galega, séguense a celebrar por todos os recunchos da cidade de Narón.

Este luns pola tarde, ás 20.00 horas no Local Social Virxe do Mar, a candidata de TEGA á Alcaldía de Narón e actual alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo conversando coa veciñanza e explicando importantes avances que se fixeron ao longo deste mandato.

O Concello apostou de forma decidida pola zonas verdes, como demostran so 205.200 € que se inverteron para este fin en distintas obras, como un parque canino, ou o acondicionamento da Praza da Lectura. Destacan tamén as melloras no Colexio Virxe do Mar para o que se destinaron 90.700 € en obras, algunhas aínda en proceso, como a reposición de fiestras e portas.

Este martes  a cita foi as 20.30, na parroquia do Doso, no seu local social.

Lea también

El Brujo, La Zaranda e Chévere entre a programación escénica de primavera no Pazo da Cultura de Narón

O Pazo da Cultura de Narón afronta o segundo trimestre de 2026 cunha programación que …