O Esteo vence aos líderes diante da súa afección

Jacobo ante o Guardo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala logrou este sábado un brillante triunfo nun espectacular encontro no que se lograron once goles na segunda metade, oito deles nos últimos sete minutos.

O Guardo chegaba á Fraga empatado a 54 puntos co Benavente, e con unha soa derrota en toda a Liga contra este mesmo equipo. O equipo pontés infrinxiulle a segunda, 7-6, e curiosamente tamén o único encontro que perdera na casa o equipo de Benavente fora 3-4 co Esteo.

Adiantábanse pronto os visitantes nunha boa xogada de equipo na que Kuin marca libre de marca (3´). Pero uns segundos antes do descanso igualou o gran xogador de Pontedeume Pana, que controla e marca de tiro cruzado por raso (20´).

En toda a primeira metade resaltar dous lanzamentos ao poste de Alex Durán, un que petou no longueiro e despois na liña, un tiro á cruceta de Dani contra a súa portería, unha xogada na que o visitante Rober saca co corpo un balón que ía cara dentro, e unha magnífica doble intervención de Javichu.

O segundo tempo foi un toma e daca e un vendaval de goles. Poñíanse por diante os visitantes nunha xogada na que Iván se desfai do seu marcador e so ante Javichu marca de tiro cruzado (23´). 1-2.

Pero respostou Jacobo cun disparo á cruceta, e xogando os palentinos cun menos, nunha boa triangulación entre Jacobo, Pana e Cokito, este último acaba facendo o empate a porta baleira (26´). Pouco despois, tras un xogadón de Ayala, Bruno chegando só ao segundo pau marca de forte disparo (27´). 3-2.

Tras un disparo ao poste de Cifu, en dúas desafortunadas accións voltaban a poñerse por diante os visitantes. Tiro de Iván que desvía Troncho ás redes (33´), e nunha xogada con posible falta visitante, na que despexa o balón como pode Javichu, este caelle nos pes ao gran xogador Rober, ex do O Parrulo, que marca a porta baleira (34´). 3-4.

Non se descompuxeron os locais e pouco despois igualou Ayala de tiro raso (35´), e volteaban o marcador cun saque de banda do propio xogador que moi atento en boca de gol Rober Paz manda ó fondo das mallas (36´). 5-4.

Pero foi tras unha falta directa que igualaron os visitantes por medio de Cifu (37´), pero pouco despois puxo o 6-5 Jacobo tamén dende os dez metros (37´), e o propio xogador ferrolán enviou outra falta directa ó longueiro.

Si marcou Rober Paz moi atento tras roubar un balón co xogo de porteiro xogador dos palentinos anotando o 7-5 dende a súa área (38´). Pero non se daba por vencido o Guardo e cun remate dentro da área de Iván volvían a apretar o marcador faltando un minuto (39´).

Aguantou O Esteo como puido e sumou un brillante triunfo que o sitúa sétimo con 38 puntos antes de visitar ó Ventorrillo, sexto cos mesmos puntos.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Bruno, Ayala – cinco inicial – Cokito, Alex, Rober Paz, Troncho, Jacobo, Dani.

DEPORCYL GUARDO FS: Gómez, Rober, Beto, Kuin, Chochi – cinco inicial – Davicín, Albert, Iván, Cifu, Óscar.

GOLES: 0-1, Kuin (3´), 1-1, Pana (20´). 1-2, Iván (23´), 2-2, Cokito (26´), 3-2, Bruno (27´), 3-3, Iván (33´), 3-4, Rober (34´). 4-4, Ayala (35´), 5-4, Rober Paz (36´). 5-5, Cifu (37´). 6-5, Jacobo (37´), 7-5, Rober Paz (38´). 7-6, Iván (39´).

ÁRBITROS: Presedo García, Roldán Pérez, Bermúdez Abal (Santiago-Pontevedra). Amarelas a Cokito, Javichu, Troncho, Rober, Cifu, Iván, Edu, Expulsado por dobre cartón Albert (24´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …