O Baloncesto Narón, obrigado a gañar para non perder o tren da permanencia

O Baloncesto Narón afronta este domingo -18:00 horas, pavillón municipal da Gándara- un partido transcendental na loita pola permanencia en Liga EBA. O equipo que dirixe Diego Fernández mídese ao último clasificado da Conferencia AB, o Agustinos Lecrerc de León, co obxectivo de acadar unha vitoria que o manteña con opcións de non descender. Consciente da importancia deste encontro, a directiva do Baloncesto Narón vén de anunciar que a entrada ao pavillón será de balde e as persoas que asistan poderán participar nun sorteo de agasallos.

Restan cinco xornadas para o remate da liga e o Baloncesto Narón atópase en postos de descenso (perderían a categoría os tres últimos clasificados e o peor undécimo das conferencias AA e AB, sen ter en conta os axustes que se producirían no caso dos ascensos e descensos de LEB Prata).

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …