Valdoviño celebra a súa I Gala do Deporte

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este venres 22 de marzo a primeira edición da Gala do Deporte de Valdoviño, organizada pola Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra. Un acto de entrega de galardóns co que o Concello, segundo explicou o alcalde, Alberto González, quere recoñecer e pór en valor os méritos dos deportistas locais ao longo do pasado exercicio, pero tamén o incrible labor de entidades, clubes e veciños a prol da promoción do deporte no Concello. O acto dará comezo ás 20 horas, presidido polo rexidor e conducido polo xornalista Raúl Salgado.

Nesta liña, Alberto González quixo tamén agradecer a colaboración dos xornalistas deportivos da comarca, que participaron xunto a representantes municipais no xurado que valorou as candidaturas. E, en concreto, aludiu a Juan Quijano (Diario de Ferrol), José Valencia (La Voz de Galicia), Santiago Rey (Cadena Cope), Adán Puentes (Galicia Ártabra Digital) e o propio Raúl Salgado (Cadena Ser e Ferrol360). Así mesmo, avanzou que os galardóns recoñecerán a deportistas das seguintes especialidades: atletismo, baloncesto, body board, caza, fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica, karts, natación, patinaxe artística, pesca, remo olímpico, surf, tenis, tiro con arco, triatlón e waterpolo. Ademais, haberá diferentes mencións especiais e, ao remate da gala, darase a coñecer ao mellor deportista local do 2018.

Nesta liña, Alberto González sinalou que estes galardóns nacen con vocación de continuidade e que calidade sobra no ámbito deportivo en Valdoviño, polo que augurou unha longa vida á cita deportiva.

Lea también

La colocación del campo de hierba natural del Racing de Ferrol en Mandiá entra en su fase final

La colocación de los tepes de césped natural ha comenzado y dará paso a la …