Segundo empate consecutivo para O Esteo

Cokito ante o Sala Ourense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala igualou este sábado en Langreo e por segunda semana consecutiva empata 5-5 a domicilio.

Adiantábanse os locais ao pouco do comezo, e empataba Cokito, poñendo terra de por medio os asturianos co 3-1 que se encargaron de igualar Cokito e Bruno e preto do descanso voltear Héctor o marcador ata o 3-4.

Ao pouco da reanudación empataban outra vez os locais e pese a poñer o quinto Jacobo apenas un minuto despois voltaba a anotar o Santiago o definitivo 5-5.

Os ponteses son oitavos con 35 puntos antes de recibir ó Guardo, equipo que hoxe gañou 7-5 ó líder Benavente co que ambos suman 54 puntos tendo o conxunto palentino un encontro menos.

FICHA TÉCNICA:

SANTIAGO DE SAMA: Pelayo, Márquez, Chino, Saúl, Choki – cinco inicial – Fredy, Valdés, Julio, Chus.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Troncho, Ayala – cinco inicial – Alex, Pana, Rober, Bruno, Jacobo, Dani.

GOLES: 1-0, Márquez (1´), 1-1, Cokito (3´), 2-1, Saúl (7´), 3-1, Valdés (8´), 3-2, Cokito (10´), 3-3, Bruno (16´), 3-4, Héctor (19´). 4-4, Márquez (26´), 4-5, Jacobo (32´). 5-5, Choki (33´).

ÁRBITROS: García González, Truba Fraile, Altuna Gómez (Cantabria). Amarelo a Pelayo.

INCIDENCIAS: Polideportivo Los Llerones. Uns 150 espectadores.

Lea también

La colocación del campo de hierba natural del Racing de Ferrol en Mandiá entra en su fase final

La colocación de los tepes de césped natural ha comenzado y dará paso a la …