O Concello de Narón ultima os traballos que permitirán a posta en servizo do cuarto parque canino

Parque canino de A Solaina

As veciñas e veciños da cidade disporán nas vindeiras semanas dun novo parque canino, o cuarto, operativo na cidade. O Concello ultima os traballos das instalacións localizadas na zona do paseo da Gándara –á altura do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz- , de algo máis de mil metros cadrados de superficie e dotado dos elementos necesarios para este tipo de servizos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que “o recinto está vallado e, ao igual que os da Solaina, Freixeiro e Xuvia, conta cun completo circuíto con elementos de xogo e deporte (agility) para os cans, papeleiras, árbores para habilitar zonas de sombra e, nos vindeiros días, procederase a dotar de auga potable a fonte alí instalada, co que a súa apertura ao público será nos vindeiros días”.

Así mesmo, está pendiente de colocación a pertinente sinalización coa normativa que corresponde a este tipo de áreas caninas, para garantir un uso correcto das mesmas e haxa unha boa convivencia entre os cans e os propietarios que acudan a estas áreas de recreo canino, abertas as 24 horas do día.

As persoas de Narón que queiran utilizar este tipo de instalacións poden tamén facelo desde hai varios meses nas habilitadas anteriormente tanto na zona do Cadaval –nas inmediacións do paseo de Freixeiro- como no paseo marítimo de Xuvia –á altura da empresa Megasa- ou na Solaina, nas inmediacións do colexio Virxe do Mar-. Neste último caso, vaise proceder a acometer, tal e como recordou Ferreiro, o axardinamento da parcela, unhas tarefas para as que o goberno local conta xa co proxecto, cuxa execución será unhas das próximas actuacións contempladas na zona.

“A cidade conta xa con tres parques caninos totalmente operativos para que os cans poidan interactuar entre eles e realizar exercicio físico en espazos habilitados para tal fin”, dispoñendo tamén, indicou, de “varios elementos de xogo, donde as familias poden levar aos seus cans ao contar cun servizo que ata o pasado ano non existía na nosa cidade”, explicou a rexedora local.

Ferreiro destacou a posta en servizo destas instalacións na zona urbana da cidade e recordou que o orzamento para a construción dos mesmos foi, en conxunto, duns 50.000 euros

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …