O Esteo saca un punto na súa visita ao Albense

Álex Durán ante o Puertas Deyma | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala empatou este sábado en Alba de Tormes un encontro no que se puxo por diante varias veces, e ó final acabou rescatando un empate.

Tras adiantarse 0-2 con tantos de Pana e Bruno, recurtaban distancias os locais, ampliaba Pana o 1-3 e voltaban a recurtar os salmantinos antes do descanso.

Ao pouco da reanudación empataba Morales co seu hat trick, pero Troncho voltaba a poñer por diante aos de Óscar Vigo 3-4.

Pero por terceira ocasión conseguían empatar os locais, e a pouco do final poñíanse por diante por primeira vez cun 5-4 que Ayala igualou no 5-5 definitivo antes do remate do encontro.

Os ponteses son sétimos con 34 puntos antes dunha segunda visita consecutiva, neste caso a un dos dous equipos asturianos da categoría xunto ao Boal, o Santiago de Sama, terceiro pola cola.

CD ALBENSE FS: Carlos, Cris, Morales, Pacheco, Pinto – cinco inicial – Raúl, Juanan, Sergio, Javi.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Ayala.

GOLES: 0-1, Pana (5´), 0-2, Bruno (8´), 1-2, Morales (14´), 1-3, Pana (15´), 2-3, Morales (16´). 3-3, Morales (22´), 3-4, Troncho (28´), 4-4, Cris (32´), 5-4, Pinto (37´). 5-5, Ayala (38´).

ÁRBITROS: Bocrego Palomino, Lomo Sánchez, Callo Martín (Extremadura-Salamanca). Amarelas a Cris, Morales, Javi, Héctor, Jacobo, Javichu.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Alba de Tormes. Uns 150 espectadores.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …