Miriam Casillas volve ás Series Mundiais en Abu Dhabi

Miriam Casillas nun adestramento | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas xa está en Abu Dhabi para regresar esta fin de semana ás Series Mundiais.

Despois de ser sexta en febreiro na Copa do Mundo de Cidade do Cabo, a pacense do Triatlón Ferrol enfrontarase ás mellores do mundo para manterse como a mellor española do ranking de clasificación olímpica,
ocupando actualmente a 31ª posición. As Series Mundiais de Abu Dhabi celebraranse en distancia esprinte -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé- este venres ás 13.06 horas –en horario peninsular español-.

A maiores, na xornada do sábado disputarase unha proba de clasificación para os Xogos de Toquio no formato de relevo mixto, para o que podería ser convocada Casillas pola selección española.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …