Nove canteiráns da Escola Javi Gómez Noya métense na final galega de Nada e Corre

Foto de familia nunha edición do Nada e Corre – Triatlón Ferrol

A base do Triatlón Ferrol logrou clasificar a nove canteiráns para a final galega de Nada e Corre na fase zonal celebrada en Lugo esta fin de semana.

Con 41 deportistas en competición, lograron unha praza para a final autonómica o prebenxamín Asier Pita e a infantil Lucía Piñón, ao gañaren as súas probas; a alevín Rebeca Teijeiro, a infantil Sabela Caneiro e os cadetes Carmen Jiménez e Alejandro Rodríguez, sendo subcampións; o benxamín Manuel Caneiro e o cadete Jorge Morado, ao colgarse o bronce; e a alevín Ana María Jiménez, que foi cuarta na súa categoría.

Lea también

Lucas Farias y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol ante Servigroup Peñíscola

Los ferrolanos buscan la victoria delante de su afición tras dos semanas de parón en …