(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado á tarde 3-6 no partido disputado ante o líder da categoría, o Atlético Benavente, equipo tan bo como sobreactuado.
Na primeira metade adiantaronse os locais cun gran gol de Álex Durán dende fóra da área, pero empataron os visitantes, tras unha gran xogada de Malaguti que culmina Cala.
No segundo tempo os visitantes puxeron terra de por medio cun tanto do gran Charlie, ex xogador de Primeira División moitos anos e incluso da Selección Española, que dispara dende a súa pista, desvía Javichu cara atrás como pode e despexa o balón sobre a mesma liña considerando os árbitros que entrara.
E pouco despois era Sergio o que aproveitaba un balón morto na área para facer o 1-3. Xa con porteiro xogador os locais anotaron Alex, Malaguti e Charlie deixando o encontro sentenciado co 1-6, pese a que O Esteo recurtou distancias con tantos de Pana e Alex Durán.
Os ponteses son sétimos con 33 puntos antes de visitar ó Albense, undécimo con 25.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Álex Durán, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Ayala.
ATLÉTICO BENAVENTE: Vara, Joselu, Sergio, Charlie, Ángel – cinco inicial – Escudero, Cala, Malaguti, Álex, Samu, Yayo.
GOLES: 1-0, Álex Durán (5´), 1-1, Cala (12´). 1-2, Charlie (25´), 1-3, Sergio (26´), 1-4, Álex (30´), 1-5, Malaguti (32´), 1-6, Charlie (33´), 2-6, Pana (35´), 3-6, Álex Durán (36´).
ÁRBITROS: Amarelas a Álex Durán, Javichu, Vara, Escudero, Malaguti, Charlie. Vermello directo a Sergio Simón (35´).
INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 150 espectadores.