O Amistade de Meirás, en colaboración coa Concellería de Deportes de Valdoviño, organiza este sábado unha xornada de fútbol do máis alto nivel. Será no campo municipal de Atios e arrancará ás 11 horas co partido entre os alevíns do equipo local e o seu homólogo do Miami Cup. De seguido, sobre as 12 h, está previsto o encontro que enfrontará ao Racing de Ferrol sub 14 contra o Miami Cup e, pechando esta xornada, o Amistade sub 16 disputará o último partido contra o Miami Cup.
A formación norteamericana regresa a Valdoviño por segundo ano consecutivo, trala súa parada do ano 2018 no marco da xira que levou a cabo por toda España.
Así mesmo, dende a Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra, anímase á veciñanza a achegarse ata o campo de fútbol municipal e animar ás categorías base locais. Apunta que a entrada é gratuita.