Tres bronces para o Triatlón Ferrol no Dúatlon Cidade de Lugo

O equipo masculino en Lugo | Triatlón Ferrol

No Dúatlon Cidade de Lugo, Triatlón Ferrol fíxose coas medallas de bronce por clubs masculina e feminina e o terceiro posto do canteirán Iván Puentes.

O ferrolán mesmo comezou o primeiro sector a pé en cabeza, no ciclismo acabou integrándose nun pelotón de case unha ducia de duatletas -entre os que estaba Marcos Ruiz- e foi dos que máis forzas conservou a pé para volver pechar o podio en Lugo.

Sexto entrou en meta Marcos Ruiz e 24º, Juan Rejas. Desta forma, os tres clasificáronse para o campionato galeo e lograron que tamén o club subise ao podio.

Na proba feminina, Tere Barreira mantívose ata a segunda transición na loita polo bronce pero unha caída ao baixar da bici obrigouna a perder os segundos xustos para non poder remontar nos rápidos 2,5 km finais a pé. Así, Barreira pechou o top-5 da competición, Alba Méndez foi décima e Fátima Paz, 17ª, sendo xuntas terceiras por clubs e certificando o seu billete para o galego.

Por categorías, o junior Juan Rejas, o sub-23 Puentes e, en veteranos 2, Álvaro García e Fátima Paz foron os mellores. Quedaron subcampións a cadete Alba Méndez, o sub-23 Marcos Ruiz e a veterana Tere Barreira e foi terceiro na súa categoría o cadete David Campos.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …