Sagrario Méndez Romero e Felicidad Leira Serantes, gañadoras de dúas cestas sorteadas no marco da campaña Comercio de Narón, «en Nadal e sempre»

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e o propietario do establecemento O Muíño do Fabal, Emilio Romero, entregaron esta ná mañá deste mércores dúas cestas das catro sorteadas no marco da campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre. Sagrario Méndez Romero, veciña de Narón, obtivo unha das cestas sorteadas no establecemento de peluquería Ana y Hermi e Felicidad Leira Serantes, de Ferrol, outra do sorteo realizado en O Muíño do Fabal. Recolleron as cestas en nome das gañadoras Carlos Ameneiro e Enrique Díaz, respectivamente.

A maiores das catro cestas xa entregadas –dúas a semana pasada-, nesta mesma campaña procederase a sortear catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300. A entrega está prevista para o 11 de xaneiro e as persoas interesadas en participar poden facelo realizando compras nos establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa, que están debidamente identificados e con urnas no interior nas que depositar as papeletas que lles entregan coas súas compras para poder participar nos sorteos. A campaña, na que participan máis dun cento de establecementos do municipio, rematará o vindeiro 8 de xaneiro.

O edil de Promoción Económica felicitou ás persoas gañadoras das dúas cestas e animou á cidadanía de Narón e doutros concellos a sumarse a esta iniciativa, apostando por realizar as súas compras no comercio de Narón, do que unha vez máis destacou a súa variedade e calidade.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …