A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida organiza o día 29 de decembro a Carreira e Andaina de
San Silvestre. Será polas rúas de Fene, con percorridos que oscilan, segundo a idade, entre os 100 e os 3,75 kms. En todo caso, arrancará ás 16,30 horas da casa consistorial, cun marcado espírito festivo, a participación é gratuíta para todas as categorías de menores e de 2 euros para a carreira absoluta. A inscrición xa está aberta na web www.carreirasgalegas.com e o prazo pecharase o 25 de decembro ás 23,59 horas -non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba-.
Saída e meta están fixadas na casa consistorial e a cita está aberta á participación de todos os atletas, federados ou non. As categorías son as seguintes: Pitufos (nenos/as nados/as en 2014 e 2015) cun percorrido de 100 metros; Sub 8 (2013-2012) e distancia de 200 metros; Sub 10 (2011- 2010) e 400 metros; Sub 12 (2009-2008) e 800 metros; Sub 14 (2007-2006) e 1.200 metros; Sub 18/Sub 20 (2002-2003-2004-2005) e 2.500 metros; Absoluta (2001 e anteriores) e 3.750 metros e Andaina para todas as idades e un percorrido de 2.500 metros.
A saída irase realizando de forma escalonada, segundo a categoría e comenzando pola absoluta. O circuito, sobre asfalto, estará pechado ó tráfico e controlado por Policía Local e Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, así como membros da organización.
Así mesmo, as persoas participantes deberán retirar o venres 28 o seu dorsal-chip no pavillón da Xunqueira en horario de 9 a 13,30 horas e de 16 a 22 horas ou o día 29 no salón de plenos da casa consistorial de 10,30 a 13,30 ou de 15 a 16 h. Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina e da Sub 18/Sub 20 tamén masculina e feminina recibirán un trofeo ou obsequio e todos os participantes, un agasallo.