A Praza da Gándara, en Narón, conta cun renovado parque infantil

A Praza da Gándara conta desde este martes cun renovado parque infantil aberto á cidadanía. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse na tarde deste martes á zona para comprobar o resultado final dos traballos realizados, que supuxeron ás arcas locais un investimento duns 154.000 euros. Unha vez retiradas as vallas que impediron o acceso ao recinto durante a execución das obras, a primeira hora desta tarde, os nenos e nenas comezaron a divertirse nos diferentes xogos do novo parque, desfrutando deles durante a tarde.

A zona de xogos infantil loce un aspecto totalmente renovado, tralas melloras realizadas tanto nos elementos existentes –que se cambiaron polos anteriores, incrementando a oferta de xogos e instalando varios máis novidosos- como en materia de seguridade. A imaxe actual do parque infantil da Praza da Gándara é máis moderna que anteriormente, podendo desde hoxe os nenos e nenas desfrutar tanto dos columpios alí colocados –un deles adaptado para menores con discapacidade-, como dos dous tobogáns, do rocódromo, dunha rede trepadora e de dúas camas elásticas. O colorido do chan –de caucho continuo e con algunha zona en relieve, contribúe a innovar este espazo de lecer da cidade.

No espazo, que está delimitado cunha valla de madeira que rodea o parque infantil e tamén pintada de varias cores, ubicáronse varios bancos de madeira, uns con respaldo e outros colocados en liña, habilitados como espazo de descanso.

A alcaldesa e o edil de Servizos valoraron o resultado dos traballos realizados, á vista da excelente acollida que tiveron todos os elementos de xogo por parte das nenas e nenos que acudiron no día da súa apertura. A alcaldesa subliñou que “desde o goberno local estamos traballando na mellora dos parques infantís da cidade, construíndo algúns novos como o de Piñeiros e o localizado xunto ao tanque de tormentas da Gándara, ampliando elementos como a tirolina de Xuvia, renovando outros por completo, como este da Praza da Gándara e tamén proximamente mellorando o pavimento noutros da zona urbana e rural con cargo a unha partida conxunta de case 135.000 euros”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …