A parroquia de Sedes acollerá este sábado a programación deseñada polo Padroado da Cultura e a AVV Rosa dos Ventos para celebrar a Noite da Luz

O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes, organizaron un completo programa para celebrar este sábado, día 15, a Noite da Luz. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentou na mañá deste xoves as diferentes propostas que se levarán a cabo nas instalacións da Feira do Trece e no Centro Cívico Social de Sedes, desculpando a ausencia na presentación dos representantes da entidade veciñal, que a última hora non puideron estar presentes. Espada animou á veciñanza a participar un ano máis nos actos desta festividade.

Coa Noite da Luz festéxase a chegada do solsticio de inverno, coincidindo cada 13 de decembro coa onomástica de Santa Lucía e tamén co día do ano con menos horas de luz. O sábado, explicou Espada, os asistentes reuniranse sobre as 18.15 horas nas inmediacións da capela de Santa Lucía, xunto á Feira do Trece, para saír a Comitiva da Luz –un grupo de xente portando candeas- ás 18.30 horas desde a capela ata o cumio do monte Esperón, unha andaina de aproximadamente un quilómetro e medio, tal e como indicou a edil de Cultura. Unha vez no monte Esperón procederase a prender a Roda da Luz, formada por trece fachos de grandes dimensións, (doce de catro metros e un de cinco metros de altura) elaborados polas veciñas e veciños da parroquia de Sedes, dispostos en forma de círculo e que representan a cada unha das parroquias de Narón. Os fachos poderanse ver desde diferentes puntos da cidade, ao acenderse no cumio do monte Esperón, tal e como indicou a edil.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …