Cobas acolleu o Trofeo Cidade de Ferrol de parapente precisión

Instante do Trofeo Cidade de Ferrol | Club Parapente Ferrol

Esta fin de semana celebrouse o Trofeo Cidade de Ferrol de parapente precisión 2018. As seis mangas do campionato disputáronse na praia de Ponzos o domingo 9 de decembro, trala cancelación das mangas do sábado por meteoroloxía adversa.

Quince foron os pilotos de Galicia, Asturias e Castela e León que participaron nas mangas do torneo disputado en Cobas, e organizada polo Club Parapente Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol.

Os participantes na proba despegaron entre as 10:00 e as 17:00 horas no despegue noroeste de Ponzos, facéndoo primeiramente no Monte Salgueiro, para facelo despois no despegue nordeste polo cambio de vento, enchendo de colorido o ceo nos aledaños da praia.

A diana de catro por catro metros estaba situada a un quilómetro e medio de distancia.

A proba estivo moi reñida durante as cinco primeiras mangas, nas que varios pilotos foron moi igualados, para posteriormente, a partir da sétima, pasar a destacar con moita marxe Salvador Crespo, gañador da proba.

Os ventos frouxos, de componente oeste pola mañá e norte nordeste pola tarde, fixeron que as condicións para a realización da competición, que xa se aprazara dúas veces, foran óptimas para que os pilotos puideran afinar a súa precisión e voar en total seguridade. Pola zona de aterraxe pasaron numerosas persoas durante as manobras e aterraxe para ver a habilidade dos pilotos á hora de dar na diana, na que hoxe houbo numerosos ceros a pesar da dificultade polo vento frouxo (aterrar nun círculo de menos dun metro cadrado).

Salvador Crespo foi o gañador en categoría monoplaza, seguido de Andrés Ferreira e Rubén Carballeira, mentras que en categoría biplaza o gañador foi Miguel González e o subcampión Marcos Galán.

Lea también

Un partido homenaje conmemora el 50 aniversario del fútbol sala en Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, presentó en el Ayuntamiento de Ferrol el primer acto …