O Esteo logra unha nova victoria ante o Zamora nos minutos finais

Os xogadores celebrando un gol ante o FS Zamora | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala logrou este sábado un triunfo moi sufrido e importante ante o Zamora por 7-4, cun marcador que era de 4-4 faltando catro minutos.

Comezaron ben os locais, tras un tiro de Héctor que para Santos, pero non conseguen despexar o balón, acaba marcando Cokito por entre as pernas do porteiro (2´). E despois dun tiro de Troncho aproveita Ayala outro balón que queda morto na área para empalar o balón ó fondo das mallas (8´). Falamos do mítico porteiro Javi Santos, que o fora do Autos Puentes xa de principios dos noventa.

Pero recurtaron distancias os visitantes cando tras unha mala cesión chegou un saque de banda no que acabou marcando Guille tras desviar o balón Héctor (14´). Pero nunha xogada de tiraliñas Alex cédella a Bruno que marca a porta baleira o 3-1 co que se chegou ó descanso (16´) nun primeiro tempo polémico no que puido ser expulsado Javichu e tamén Josico.

Na reanudación os locais estiveron algo adurmilados e tras unha xogada de Josico, non atina a despexar Héctor e acaba marcando Guille (23´), e pouco despois tras un saque de esquina ninguén cubre a Alvarito que marca a pracer (24´).

Tras uns minutos de toma e daca, Cokito de forte disparo dende fóra da área ponía en ventaxa ós ponteses (33´), pero nun balón que se pasea poal área local sen que ningúen o despexe volta a empatar o visitante Héctor de tiro cruzado (35´).

Foi nos últimos minutos nos que O Esteo conseguiu a vitoria, primeiro adiantándose tras unha boa cesión de Pana que aproveita Alex para marcar de forte punteirazo (36´), e xa con porteiro-xogador faltando un minuto marcou Jacobo nun tiro que desvía un defensa (39´), e nos últimos segundos anotou Javichu dende a súa portería (40´).

Sufrido triunfo do O Esteo que alonxa a un posible rival polo descenso, e os de Óscar Vigo son novenos con 20 puntos, que serán 23 a vindeira xornada que non se xogará co Prone. Antes do Nadal visita do Boal, nun complicado partido.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Rober, Jacobo – cinco inicial – Alex, Pana, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

FS ZAMORA: Santos, Josico, Nacho, Eric, Héctor – cinco inicial – Montoyita, Alvarito, Nácor, Guille.

GOLES: 1-0, Cokito (2´), 2-0, Ayala (8´), 2-1, Guille (14´). 3-1, Bruno (16´). 3-2, Guille (23´), 3-3, Alvarito (24´), 4-3, Cokito (33´), 4-4, Héctor (35´), 5-4, Alex (36´), 6-4, Jacobo (39´), 7-4, Javichu (40´).

ÁRBITROS: Muñoz García, Rodríguez Castro, Molinero Rodríguez (Asturias). Amarelas a Javichu, Héctor, Rober, Josico, Eric.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Máis de 100 espectadores.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …