Triunfo importante para O Esteo ante o Leis Pontevedra

Instante do encontro da Copa Galicia | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala deu este sábado na cidade do Lérez un paso de xigante cara á salvación, tras gañar 4-6 en Pontevedra ó histórico Leis, que chegara a militar na Primeira División.

Os ponteses non tiveron un partido nada doado como se agardaba, i é que os pontevedreses adiantáronse por varias veces. No primeiro período anotou Jacobo, pero Berto de falta directa empataba e despois era Miguel o que poñía ós locais con ventaxa antes de chegar ó descanso.

Trala reanudación empataba Pana, pero dous goles consecutivos de Lucas colocaban un comprometido 4-2. Nos últimos dez minutos estiveron moi ben os de Óscar Vigo, xa que anotaron catro tantos por medio de Cokito e outros tres de Jacobo, que xa leva 15, que non só serviron para igualar senon tamén para darle a volta o marcador ata o 4-6 definitivo.

Primeira vitoria dos ponteses en Pontevedra na Segunda B, e son décimos con 17 puntos, que serán 20 cando lle contabilicen os do partido co Prone antes de que remate a primeira volta, mentres por abaixo o equipo de Lugo desgraciadamente xa está descendido e Puertas Deyma suma catro puntos por seis do Leis.

Os ponteses reciben na vindeira xornada ó Zamora, curioso equipo que a campaña pasada foi campión con moita ventaxa pero nesta, con moitos cambios no plantel, está na criba do descenso, cuarto pola cola con dez puntos.

LEIS PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Iago, Sancho, Berto – cinco inicial – Lucas, Miguel, Barcala, Toño, Ezra.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Pana, Jacobo – cinco inicial – Alex, Rober, Bruno, Dani, Ayala.

GOLES: 0-1, Jacobo (8´), 1-1, Berto (15´), 2-1, Miguel (17´). 2-2, Pana (22´), 3-2, Lucas (24´), 4-2, Lucas (25´), 4-3, Jacobo (30´), 4-4, Cokito (32´), 4-5, Jacobo (35´), 4-6, Jacobo (37´).

ÁRBITROS: Dacal Deza, Vilas Martínez, Castro Villar (Vigo-Santiago). Amarelas a Berto, Miguel, Bruno, Dani. Expulsaron por dobre cartón a Sancho e Alex Durán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Uns 100 espectadores.

Lea también

La gestión integral de las instalaciones deportivas de Ferrol contará con un nuevo contrato

La junta de gobierno local ha dado este lunes el visto bueno al inicio de …