O Esteo empata co Pizarras Tres Cuñados nun final polémico

Álex Duran ante Pizarras Tres Cuñados | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala empatou na tarde do sábado ante o Pizarras Tres Cuñados de Valdeorras un encontro que gañaba 2-0 ó descanso e vía como nun final polémico lle empataban nos últimos segundos, ante un equipo valdeorrés ó que non consigue gañar na Fraga e co que suma tres empates por tres derrotas.

Ao descanso marcharon os locais con 2-0 no marcador, con dous goles de Pana, que culmina a porta baleira unha boa xogada de Bruno (10´), e despois tras un pase de Héctor pica maxistralmente ante a saída do porteiro (18´). Neste primeiro período resaltar tamén un tiro ó longueiro de Dilin (17´) e outro de Cokito (20´).

O segundo período comezaba de mala maneira, tras unha perda de balón de Jacobo, e por riba no disparo de Bruno, desviao Alex e colase por entre as pernas de Javichu (23´).

Despois houbo alternativas, polos visitantes Bencho quedou so e disparou ó lateral da rede (28´), Javi en boca de gol mandou o balón por alto (32´) e Bruno tirou ó poste (37´). Polos locais, resaltar unha xogada na que Cokito a un palmo de portería, co porteiro batido, rematou moi mal marchando o balón a saque de banda (30´), e unha cesión que casi empala Pana ó fondo das mallas (35´).

Pero preto do final chegou un despropósito arbitral. Faltando dous minutos viu o segundo cartón Cokito, non sendo amarela ningunha das dúas accións, cando menos a primeira, e por riba de todo O Esteo viu como en inferioridade Héctor remataba ó poste (39´).

Pero é que nunha xogada na que Jacobo é empurrado, despois de zarandeado roubanlle o balón, este trastabilla levemente por detrás a Bruno, e aí si que viron infracción os colexiados, e o propio xogador marcou o empate de penalti faltando medio minuto (40´).

Os ponteses son décimos con 14 puntos, oito por riba dos postos de descenso, antes de visitar precisamente ó terceiro pola cola, o histórico Leis Pontevedra.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Dani.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Kiko, Dilin, Bruno, Juanma, Durán – cinco inicial – Maelo, Raúl, Cristian, David, Javi, Bencho.

GOLES: 1-0, Pana (10´), 2-0, Pana (18´). 2-1, Bruno (23´), 2-2, Bruno de penalti (40´).

ÁRBITROS: R.A.M, M.S.G, J.F.P.C. Amarelas a ambos Bruno, Héctor, Jacobo. Expulsado Cokito.

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …