A alcaldesa de Narón asinou convenios con oito entidades deportivas por un importe global de 191.000 euros

Instante da firma dos convenios | Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou hoxe e a pasada semana un total de oito convenios da área de Deportes, por un importe conxunto de 191.000 euros. O edil responsable da área, Román Romero, acudiu ás convocatorias, nas que participaron os presidentes da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López; do Club Arco Narón, Alberto López; da Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, Miguel Piñeiro; da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero; do Club Acordes Narón, Izaskun Hernáez; do Club de Atletismo Narón, Miguel Soto; do Club de Piragüismo Narón, Andrés Martínez e do Moto Club Fojeteiros, José María López Quintián.

As entidades deportivas que asinaron os acordos comprométense a fomentar e promocionar as actividades deportivas dos seus respectivos clubes e, nos casos que proceda, nas diferentes categorías cos seus equipos, no termo municipal naronés e tamén, nalgúns casos a participar nos campionatos das diferentes especialidades.

Os representantes dos oito clubes deportivos da cidade valoraron as achegas procedentes do Concello, en canto ao que representan para continuar desenvolvendo a súa actividade. Pola súa banda, tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes, destacaron o traballo das entidades, así como o seu labor en canto á promoción do deporte en Narón, en categorías desde Base ata Senior e en áreas como o motociclismo, e os éxitos que acadan ano tras ano. “O tecido deportivo co que conta actualmente á cidade é un dos éxitos do traballo realizado nesta área conxuntamente entre o goberno local e as diferentes agrupacións e clubes, aos que felicitamos e dos que nos sentimos especialmente orgullosos polo seu traballo a prol do deporte”, subliñou Marián Ferreiro.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …