O Concello de Narón incorpora un novo axente ao plantel da Policía Local e prevé convocar seis novas prazas en 2019

O Concello de Narón conta desde o pasado día 1 de novembro cun novo axente no Corpo da Policía Local. Juan Carlos Castro Paadín incorporouse a través dun proceso de mobilidade procedente do Concello de Ortigueira e súmase aos outros 37 axentes que forman o plantel da Policía Local da cidade. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, valorou a chegada do novo integrante deste Corpo e avanzou que de cara ao vindeiro ano está prevista a convocatoria de seis novas prazas de Policía Local no municipio.

No orzamento do vindeiro ano xa se vai a recoller esa previsión para contratar a seis persoas máis”, asegurou, explicando que desde o goberno local se está á espera de que se aprobe o Real Decreto que permite a xubilación anticipada aos 59 anos dos axentes da Policía Local que cumpran unha serie de requisitos, ao igual que se fai xa coa Garda Civil, a Policía Nacional e os Bombeiros. “Esas seis prazas convocaranse igualmente, porque a opción de xubilarse de xeito anticipado é á vontade dos axentes, co que cabe a posibilidade de que non se acollan a ese dereito aínda que cumpran os requisitos esixidos”, aclarou.

O expediente do decreto está no Consello do Estado, paso previo á remisión do mesmo ao Consello de Ministros, co que se prevé que entre en vigor en xaneiro de 2019. A Lei de Orzamentos Xerais do Estado preveía xa a posibilidade de dotar prazas non só para aqueles casos nos que se xubilaran no ano 2018 con 59 anos, senón tamén os que o fixeran no ano seguinte, se ben a opción de acollerse este ano non se fixo efectiva.

A reposición das prazas será unha realidade en Narón, donde xa deseñamos os orzamentos en base ás previsións do adianto da idade de xubilación dos funcionarios da Policía Local, organizando en tempo e forma esta convocatoria para que non nos atopemos chegado o caso cun número considerable de vacantes por cubrir, co que iso suporía para o correcto funcionamento deste servizo”.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …