O Concello de Narón e o Club de Golf Campomar convocan a I Semana do Golf con torneos e clases de iniciación

Francisco Alarcón e Román Romero en rolda de prensa | Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o secretario do Club de Golf Campomar, Francisco Alarcón, presentaron esta mañá a I Semana do Golf, unha convocatoria que inclúe dous torneos, un de maiores, que terá lugar este venres e sábado, e outro infantil o domingo día 4. Nestes tres trofeos repartiranse un total de dezasete trofeos, se ben esta convocatoria resérvase tamén un apartado para a iniciación ao golf, tal e como indicaron desde a organización.

O deporte base é unha das apostas tanto da Concellería de Deportes de Narón como do Club de Golf Campomar. Os nenos e nenas interesados en participar poden anotarse no clube naronés para disputar o torneo que se desenvolverá o domingo día 4 entre as 9.00 e as 14.00 horas.

En canto ao torneo de maiores, os días 2 e 3 de novembro, tamén está aberto o prazo para anotarse, se ben este disputarase en horario de mañá e tarde. A maiores destas propostas tamén se impartirán esta semana e a próxima, clases de iniciación ao golf, que terán lugar de luns a venres e os domingos entre as 13.00 e as 18.00 horas, aínda que cabe a posibilidade de concertalas fóra dese período, tal e como indicou Alarcón. Os horarios e días dos torneos están suxeitos a posibles variacións en función das condicións climatolóxicas, tal e como aseguraron os organizadores.

As persoas interesadas en participar nalgunha das propostas desta I Semana do Golf poden facelo nas instalacións do Club de Golf Campomar, no Val, ou ben chamando ao número de teléfono 663 123 398 ou na dirección de correo: gerenciacampomar@gmail.com, donde poden consultar calquera dúbida sobre estas propostas.

Román Romero animou á cidadanía a participar nestas actividades, “algunhas dirixidas a persoas que teñen xa unha serie de coñecementos sobre golf e outras que terán a oportunidade de poder iniciarse neste deporte nas instalacións que este clube ten na parroquia do Val”.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …