Carmen Gómez, 22ª na Copa de Europa de Funchal

Carmen Gómez coas compañeiras da selección | Triatlón Ferrol

Carmen Gómez rematou en 22ª posición na Copa de Europa de Funchal.

Despois dunha mellor natación que a do Europeo, a sub-23 do Triatlón Ferrol saíu da auga case co primeiro grupo. Apertou na transición e nos primeiros quilómetros para chegar á primeira subida á cola do pelotón pero na baixada deixárona atrás e, polo esforzo realizado, non foi quen de enganchar con elas de novo.

Correndo a un bo nivel, Carmen Gómez rematou máis satisfeita do traballo feito que a semana pasada en Israel. “Viña co xusto porque nas últimas dúas semanas non adestrei moito”, recoñeceu a deportista do club ferrolán.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …