O Esteo suma e segue diante da súa afección

Instante do encontro ante o Santiago de Sama | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala sumou este sábado a súa cuarta vitoria da tempada, terceira consecutiva, tras gañar ó Santiago de Sama asturiano por 6 goles a 1.

No primeiro tempo levou o peso do encontro o equipo local, que marcou dous goles por medio de Jacobo, dun forte disparo por alto (4´), e dun tiro raso dende fóra da área (15´).

Nestes primeiros vinte minutos resaltar tamén un disparo ó poste do propio Jacobo, e de Choki polos visitantes.

No segundo período poñía terra de por medio o cadro local, tras unha xogada na que Viti acababa introducindo o balón na súa portería (24´), e máis adiante nunha boa combinación entre Dani e Bruno, acaba marcando o xuvenil a pracer (32´).

Pese a que recurtaba distancias Márquez pouco despois, nos últimos minutos, Alex Durán, que quedou só, sentenciou marcando a porta baleira (35´), e nos derradeiros segundos, Cokito, de forte disparo, redondeou o 6-1 definitivo.

O Esteo é sétimo con 12 puntos, seis por riba dos postos de descenso, e ten unha complicada visita ó Guardo, segundo con 16.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

SANTIAGO DE SAMA FS: Pelayo, Márquez, Chino, Javi, Choki – cinco inicial – Fredy, Valdés, Manute, Viti, Uri.

GOLES: 1-0, Jacobo (4´), 2-0, Jacobo (15´). 3-0, Viti, pp (24´), 4-0, Bruno (32´), 4-1, Márquez (32´), 5-1, Alex (35´). 6-1, Cokito (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

ÁRBITROS: Novoa García, Guntín Garrido, Prados Caamaño (Ourense-Ferrol). Amarelas a Alex, Héctor e Valdés.

Lea también

El XXIV Triatlón de Ferrol acoge el clasificatorio Youth para el Campeonato de Europa

El XXIV Triatlón de Ferrol será escenario el próximo 18 de julio del clasificatorio Youth …