Penúltima parada internacional de Miriam Casillas en 2018

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas disputará este sábado a Copa do Mundo de Tongyeong como preludio ao seu final de temporada, previsto para o 10 de novembro.

Despois da accidentada proba dos Estados Unidos, na que non lle beneficiou non poder nadar e pasar dun tríatlon a un dúatlon, a estremeña do Triatlón Ferrol poderá volver espremerse na disciplina olímpica sobre distancia esprinte.

A triatleta de Badaxoz, grazas ao top-10 logrado na Copa do Mundo de Sarasota, é actualmente a 130ª do mundo e terá en fronte a deportistas como a xaponesa Ai Ueda, 20ª na clasificación mundial.

Posteriormente, viaxará a Miyazaki para competir na súa última Copa do Mundo do ano.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …