Carmen Gómez, do Triatlón Ferrol, 12ª no Europeo sub-23

Carmen Gómez competindo en Pontevedra – Triatlón Ferrol

Carmen Gómez finalizou en 12º lugar nocampionato de Europa sub-23.

A deportista do Triatlón Ferrol calificou a súa natación como a peor da súa carreira. “Non foi por golpes, non teño escusa. Non sei por que pero non tiña forzas para nadar máis rápido e cheguei á primeira boia literalmente entre as últimas”, asumiu Gómez.

Sen estar acostumada a saír atrás despois do primeiro segmento, Carmen Gómez buscou a colaboración no pelotón pero non houbo rivais que tirasen para acurtar diferenzas e os seus intentos de escapada en solitario non tiveron éxito.
Correndo a sub-23 tivo que seguir sufrindo xa que a proba celebrada en

Israel disputouse baixo unha intensa calor, de feito, o horario masculino tivo que adiantarse a primeira hora para evitar as horas centrais do día que comezaron a padecer as mulleres.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …