O Esteo logra a súa segunda victoria consecutiva

Héctor durante o encontro ante o Albense | Xosé Ferreiro

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este venres á noite ó Albense de Salamanca por 8 goles a 5, tras chegar ó descanso con igualada a 4-4.

Comezaron adiantándose os visitantes cando un remate de Cris é rexeitado por Javichu, pero nada pode facer a continuación ante o disparo de Pinto, que empala ó fondo das mallas (3´). Pero respostaban os locais, cun tanto de Ayala por baixo dende fóra da área (6´), e outro de Cokito, que se desfai do seu marcador e bate ó porteiro por entre as pernas (7´).

Voltaban a empatar os salmantinos, tras unha xogada na que Alex Durán se complica a vida como último defensor, roubanlle o balón, e marca Cris de tiro cruzado (9´). Despois puxeron terra de por medio os locais con dous goles de Jacobo, o primeiro tras desvíar un defensa o balón (11´), e o segundo de falta (13´).

Pero antes do descanso voltaban a empatar outra vez os visitantes tras un tanto de Cris cun tiro moi axustado ó poste (17´), e nos últimos segundos nunha contra na que Jorge queda só e marca por entres as pernas de Javichu. Cun abultado 4-4 se chegou ó descanso e o marcador puido ser máis amplio aínda xa que os locais desaproveitaron dúas faltas directas e outra os casteláns leoneses a falta de sete segundos.

No segundo período foi mellor o equipo local e pronto se voltaba a adiantar no marcador tras un xogadón de Jacobo que dispara, e está atento ó rexeite do porteiro Cokito para facer o 5-4 (23´). Ampliou o tanteo Alex Durán, que marca de tiro cruzado (31´), e despois, tras un saque de banda de Jacobo, envía o balón moi longo, non chega o porteiro, pero si Pana moi listo para anotar a porta baleira (34´).

Con porteiro xogador recurtaron distancia os visitantes por medio de Juanan (38´), pero faltando poucos segundos, nunha contra, sirvella Cokito a Jacobo que marca a pracer o 8-5 definitivo. Aínda houbo tempo para outro tanto máis, por medio de Héctor, mágoa que o seu disparo foi xusto cando sonou a bocina.

Neste segundo período foi mellor o conxunto pontés, que tivo ademáis ocasións para Pana que tirou preto do escuadro, un xogadón de Bruno, tiro de Alex Durán e paradón do porteiro, e un disparo á cruceta de Pana, se ben tamén hai que destacar dous paradóns de Javichu.

Cuarta vitoria na casa do Esteo ante o Albense na Segunda B, terceira consecutiva. A falta do grueso dos partidos da xornada, os de Óscar Vigo son sétimos con 9 puntos, e a vindeira semana xogarán na casa ante o Santiago de Sama.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober, Jacobo– cinco inicial – Cokito, Alex, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

ALBENSE FS: Carlos, Cris, Jorge, Pinto, Juanan – cinco inicial – Nacho, Javi, Diego, Sergio, Motta, Raúl, Sierra.

GOLES: 0-1, Pinto (3´), 1-1, Ayala (6´), 2-1, Cokito (7´), 2-2, Cris (9´), 3-2, Jacobo (11´), 4-2, Jacobo (13´). 4-3, Cris (17´), 4-4, Jorge (19´). 5-4, Cokito (23´), 6-4, Alex (31´). 7-4, Pana (34´), 7-5, Juanan (38´), 8-5, Jacobo (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

ÁRBITROS: Adolfo Díaz Arias, Andrés Felipe Vanegas Betancur xunto a Yolanda Fernández Rodríguez como árbitro asistente (Delegación de Asturias) Amarela a Bruno.

Lea también

El III Torneo de Veteranas Cidade de Ferrol se consolida como referente del baloncesto femenino sénior

El pabellón municipal de Esteiro se convirtió durante el fin de semana del 13 y …