Miriam Casillas, top-10 na Copa do Mundo de Sarasota

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas logrou unha décima posición na Copa do Mundo de Sarasota, convertida a dúatlon por non poder nadar debido á mala calidade da auga.

No primeiro sector de carreira a pé, a pacense do Triatlón Ferrol xa se colocou no pelotón de cabeza. Rodou entre as mellores e soamente sufriu na última parte do sector definitivo a pé.

A olímpica dá por bo eo resultado nunha proba na que o podio estivo tan axustado que as dez mellores entraron en meta en cuestión de 20 segundos, o tempo que separou á internacional do Triatlón Ferrol da vencedora.

Miriam Casillas prefería ter feito un tríatlon pero completou a Copa do Mundo de Sarasota en versión 2,5 km de carreira, 19 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé cunha marca de 54 minutos e 54 segundos.

A próxima competición para a internacional do Triatlón Ferrol será en 15 días en Corea do Sur.

Lea también

Ale de Paz logra la medalla de bronce con España en el primer Mundial de la historia

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) España se despide del primer Mundial de fútbol …