O Concello de Narón conmemorará con varias actividades o Día da Biblioteca

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, deu a coñecer na mañá deste mércores os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas.

A programación comeza o venres 19 de outubro na Casa da Mocidade ás 20.00 horas cun concertó a cargo de MJ Pérez.

O sábado, 20 de outubro, instalarase unha carpa na Praza de Galicia na que se desenvolverán numerosas actividades en horario de mañá e tarde. A convocatoria inclúe varias propostas dirixidas á cidadanía en xeral, polo que desde o Concello animaron ás veciñas e veciños, independentemente da súa idade, a implicarse nos obradoiros e gozar dos espectáculos previstos.

Ás 11.00 horas abrirase a biblioteca da carpa. A partir das 12.00 horas dará comezo un espectáculo dirixido a bebés, «Vai de bechos«, e ás 13.00 h horas outro para o público infantil, «O pucheiro da señora Emilia», ambos a cargo de Charo Pita. A carpa permanecerá aberta ata as 14.00 horas.

Pola tarde retomarase a programación a partir das 17.00 horas, cun concerto da «Banda do garaxe» e a reapertura da Biblioteca na carpa. Ás 18.00 horas terá lugar o obradoiro «Debuxo paso a paso» co artista Leandro Lamas. A Biblioteca instalada provisionalmente na Praza de Galicia pechará ás 20.00 horas e o centro localizado na rúa 25 de Xullo non abrirá as súas portas o sábado, tal e como recordou a edil de Bibliotecas. “A sala de adultos e a infantil estarán pechadas e poderase atopar material da biblioteca na Praza de Galicia, se ben as devolucións poden facerse a través do buzón localizado na porta da Biblioteca municipal”, explicou Taibo.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …