O Concello de Narón convocou as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal

O Concello de Narón convocou as subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal, dirixidas a programas e actuacións realizados durante este ano e encamiñadas a promover a participación da cidadanía no tecido asociativo. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, subliñou que poderán pedilas aquelas asociacións e entidades que estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades cidadás do Concello. O prazo para solicitalas –a través da Sede Electrónica do Concello ou do Rexistro Xeral- comeza mañá e permanecerá aberto durante os vindeiros 15 días naturais (contados a partir de mañá), tal e como indicou a edil.

Entre os requisitos que deben cumprir as asociacións están tamén o feito de ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello, ademais dos que se establecen no artigo 3.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.

As áreas nas que deben traballar as entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencia, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases reguladoras, que se poden consultar na Sede Electrónica ou a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/axudas-e-subvencion

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …