José Gómez Fandiño tomou posesión no pleno do seu cargo como concelleiro do BNG

O nacionalista José Gómez Fandiño tomou esta mañá posesión do seu cargo como concelleiro da corporación local naronesa, trala renuncia do exportavoz da formación na cidade, Pablo Villamar, o pasado mes de xullo. Fandiño asume as concellerías de Promoción Económica, Xestión Orzamentaria e Xestión de Polígonos, que ostentaba o seu predecesor. Os cambios na corporación local afectan tamén aos titulares e suplentes dalgunhas comisión informativas, entidades e á Xunta de Portavoces, ao asumir a portavocía do BNG a concelleira Teresa Sabio.

Á sesión plenaria foi tamén unha declaración institucional sobre a atención a mulleres con endiometrose, unha doenza inflamatoria de orixe descoñecida. A iniciativa partiu da asociación querENDO e a través da mesma ínstase ao Sergas e ao EOXI a establecer xornadas de formación sobre esta enfermidade, garantir consultas específicas; á Consellería de Sanidade a recoller as demandas do colectivo e ao Ministerio de Sanidade a convocar un Consello interterritorial para abordar este tema. Pola súa banda, o Concello de Narón comprométese a impulsar unha campaña informativa sobre a endometriose entre mozas de 12 a 18 anos nos centros de ensino da cidade.

A corporación local aprobou tamén hoxe un convenio coa Universidade da Coruña para o servizo de transporte escolar durante para os cursos 2018-2019, 2019-2020, 2020-2021 e 2021-2022, para manter o bono bus universitario e facilitar o transporte dos estudantes de Narón matriculados nas facultades da UDC no campus da Coruña.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …