O mellor do Triatlón Ferrol no campionato galego de tríatlon de media distancia foi un Edu Saavedra que rematou en décima posición cun tempo de 4 horas 18 minutos. Entrou 16º na clasificación xeral da proba despois de marcarse uns parciais moi regulares tanto nos 1.900 metros de natación como nos 40 km de ciclismo e na media maratón final a pé.
Por grupos de idade, Héctor Mera colgouse o bronce en 40-44 anos.
Ácuatlon de menores
Na proba de menores, a alevín Lucía Piñón foi subcampioa e a infantil Sabela Caneiro logrou o bronce.